Fernández, Miguel Anxo

MIGUEL-ANXO-FERNÁNDEZ
Fernández, Miguel Anxo

(O Carballiño, 1955). Doutor en Comunicación audiovisual, investigador e teórico cinematográfico, está vencellado desde finais dos anos setenta ao desenvolvemento do audiovisual galego desde numerosas frontes, labor polo que se lle concedeu o Premio de Honra Fernando Rey no 2001. En 2012 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu labor a prol da creación audiovisual.

Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, exerce a crítica diaria de cinema e televisión en La Voz de Galicia. Entre a súa obra especializada destacan Carlos Velo. Cine e exilio (1996), As imaxes de Carlos Velo (2001, Premio Sempre en Galiza), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007), A Bela Otero, pioneira do cine (2002, Premio Chano Piñeiro), Rodado en Galicia (2005), Os amigos de Chano Piñeiro (2007, ed.), Diccionario do Cine en Galicia. 1896-2008 (coord. con José Luis Cabo) (2008), Cinegalicia25 (2014, ed.), Vaca Films. Paixón polo cinema (2019, ed.), Ourense, plató de cine. Longametraxes de ficción 1926-2021. (2021).

No eido da ficción publicou en Galaxia O sabre do francés (2002), Capitol, última sesión (2004), O espido de Gina (2014), Blues para Moraima (2016, Premio Blanco Amor), ademais da serie sobre o detective Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006); Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011), Bícame Frank (2013), Un dente sen cadáver (2016) e A conxura do sete (2022).

As súas obras

A conxura do sete
9788491519515
21.50€ CON IVE
Bícame, Frank
Bicame-Frank-2019
21.50€ CON IVE
Un dente sen cadáver
Un dente sen cadáver
21.50€ CON IVE
O espido de Gina
O espido de Gina
18.90€ CON IVE