Nova edición
Frank Soutelo continúa en Galicia e agora está indignado. Todo comeza co roubo do manuscrito de Vento mareiro, de Cabanillas, e despois co dun valioso papiro exipcio vinculado ás revoltas da primavera árabe. Demasiada xente quéreo, ao prezo que sexa... Soutelo sospeita que todo ten que ver coa aparición dun cadáver sen mans na praia da Lanzada.
Coa súa retranca característica, Miguel Anxo Fernández bota unha ollada aceda sobre a actualidade do país nunha novela que consolida a Soutelo como o detective maís activo do panorama literario galego.
(O Carballiño, 1955). Doutor en Comunicación audiovisual, investigador e teórico cinematográfico, está vencellado desde finais dos anos setenta ao desenvolvemento do audiovisual galego desde numerosas frontes, labor polo que se lle concedeu o Premio de Honra Fernando Rey no 2001. En 2012 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu labor a prol da creación audiovisual.
Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, exerce a crítica diaria de cinema e televisión en La Voz de Galicia. Entre a súa obra especializada destacan Carlos Velo. Cine e exilio (1996), As imaxes de Carlos Velo (2001, Premio Sempre en Galiza), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007), A Bela Otero, pioneira do cine (2002, Premio Chano Piñeiro), Rodado en Galicia (2005), Os amigos de Chano Piñeiro (2007, ed.), Diccionario do Cine en Galicia. 1896-2008 (coord. con José Luis Cabo) (2008), Cinegalicia25 (2014, ed.), Vaca Films. Paixón polo cinema (2019, ed.), Ourense, plató de cine. Longametraxes de ficción 1926-2021. (2021).
No eido da ficción publicou en Galaxia O sabre do francés (2002), Capitol, última sesión (2004), O espido de Gina (2014), Blues para Moraima (2016, Premio Blanco Amor), ademais da serie sobre o detective Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006); Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011), Bícame Frank (2013), Un dente sen cadáver (2016) e A conxura do sete (2022).