Lembranza da primeira edición de "Memorias dun neno labrego" en Buenos Aires

"O primeiro lector das Memorias dun neno labrego foi un camareiro do barrio norte de Buenos Aires que se chamaba Evencio. Era galego, e mentres eu escribía os capítulos do libro, sentado nunha mesa do café La Vieja Viena, propiedade doutro galego, el ollaba por enriba do meu ombreiro e preguntaba: e iso que é?". […]

O "Libro das Seniguais" na Feira de Buenos Aires

"Primeiro foron os monequiños. Figuras que ía construindo en miniatura e ás que lles ía dando vida a través da fotografía e o deseño. E logo, apareceu a historia das Seniguais". Así explicaba Leonor Beuter a construción do libro que, xunto coa súa nai, a novelista María Rosa Lojo, presentaron oficialmente no salón Alfonsina Storni […]

Que o Día do Libro veña con libros en galego

Este ano o Día do Libro cae no medio da Semana Santa, o que obriga a moitos centros comerciais e librerías a pasalo a outras datas como o 27. En calquera caso, e oficialmente falando, o Día do Libro é o 23 de abril, este sábado e, xa que logo e fieis á cita que […]

Presentación na Coruña de VIVIR, UNHA AVENTURA IRREPETÍBEL

Despois do exitoso acto de presentación da biografía de María do Carme kruckenberg, escrita por Mercedes Queixas Zas, hai unhas semanas en Vigo, este luns presentarémolo na Coruña, na Biblioteca de Estudos Locais da Rúa Durán Loriga. Participarán no acto, ademais da autora e a biografada, o editor e escritor Francisco Castro. E dado que […]

A literatura galega estará en Buenos Aires

A XXXVII edición da Feira do Libro de Buenos Aires, a máis importante de Latinoamérica, conta este ano cunha importante presencia de editoriais galegas que presentan as súas novidades. Ao tempo, haberá unha importante cantidade de actividades pensadas para a promoción das nosas letras na capital arxentina. Sen ir máis lonxe, hoxe presentarase ás 20:30 […]

Galaxia nos Mestre Mateo

Este domingo, no Auditorio de Ourense, fállanse os Premios Mestre Mateo. A nosa Editorial asistirá chea de ilusión pois é finalista, con dúas obras, na categoría de Mellor Obra Interactiva, concretamente polo Proxecto Contoplanet e pola aplicación para iPad de 'O soldadiño de Chumbo'. Precisamente, o resto dos contos de Contoplanet subíanse estes días á […]

Inauguración da exposición NO NIÑO NOVO DO VENTO

Este venres tivo lugar no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, a inauguración da mostra 'No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro', produción de Merlín Comunicación, do Grupo Editorial Galaxia e que será dalgunha maneira o pistoletazo de saída para as moitas mostras de homenaxe que durante este 2011 vai recibir o […]

Presentación da biografía de Mª do Carme Kruckenberg

Este martes presentaremos en Vigo, a cidade da poeta María do Carme Kruckenberg, a biografía escrita por Mercedes Queixas Zas, 'Vivir, unha aventura irrepetíbel'. No acto participan Iolanda Veloso, concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, o editor e escritor Francisco Castro, a autora, Mercedes Queixas, e Mª do Carme Kruckenberg. O libro, escrito […]