A Cabalgata de Vigo dedícase á literatura

Neste sentido o cortexo inclúe unha carroza de apertura cun gran libro e o texto "Unha Ría de sons e ilusións"; xunto coa incorporación de grupos de animación con letras que forman mensaxes. As carrozas reais, decoradas con motivos literarios, presentan as seguintes lendas segundo a súa temática: Melchor, de "Érase unha vez un Reino"; […]

‘Escritores para un país’

Na presentación do acto, Fran Alonso recordou que a literatura é a única arte que non pode prescindir da lingua, pois constitue o corpo do que se nutre, unha gozosa esixencia que enfronta aos autores galegos a problemas ligados ao estatus da súa lingua. Chega o escritor galego ao público? Poden as súas obras chegar […]

A edición galega segue apostando en futuro

Coordinados pola profesora e crítica literaria Dolores Vilavedra, participaron na mesa redonda Xosé Ballesteros (Editorial Kalandraka), Alfonso Sanmartín (Editorial Rodeira e actual presidente da Asociación Galega de Editores), Carlos del Pulgar (Galicia Nova), Miguel Anxo Fernán-Vello (Espiral Maior) e Manuel Bragado (Edicións Xerais de Galicia). A mesa redonda, centrada nos problemas e nos horizontes da […]

"Así nacen as baleas". Premio REPSOL

Non cabía unha agulla. A fundación vestiuse de festa. Anxos Sumai confirma unha excelente traxectoria como narradora, que comezara con Anxos da garda (2003) e mais con Melodía de días usados (2005), e o público así o celebrou. Xosé Luis Axeitos, membro da Real Academia Galega e secretario do xurado do premio, invitou con entusiasmo […]

Libro e mercado

Son dúas xornadas intensas: xoves e venres. As sesións celébranse, como todos os anos, na sede do Consello da Cultura Galega e reúnen especialistas de dentro e de fóra de Galicia. Silvia Querini (editora) fala das relacións entre libro e mercado e Antonio G. Iturbe (subdirector da revista Qué leer) intenta responder á pregunta de […]

Presentación de "Unha falsa luz" en Bruxelas

O autor foi precedido na palabra por Manuel Pueyo, secretario da Couto Mixto, quen explicou o significado do acto para a asociación. A seguir falou o escritor Xavier Queipo, poeta oficial da cidade de Bruxelas, quen fixo glosa e laudatio da obra e do autor. En resumo, veu dicir que a novela presentada xunto coas […]

Alfonso Zulueta, Premio IURISGAMA

Preside a Asociación de Xuristas Galegos o catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense Carlos Lema Devesa e a entrega do premio se realiza en Madrid, no Senado, xunto co Premio Montero Ríos, que tamén promove a devandita institución. IURISGAMA constituíuse en Madrid no ano 1996 a partir dun amplo colectivo de profesionais relacionados co […]

Jordi Sierra i Fabra, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

Jordi Sierra i Fabra (Barcelona, 1947) é un autor de grandes públicos e de extraordinaria eficacia narrativa. O Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, promovido polo Ministerio de Cultura, foille concedido polo libro Kafka y la muñeca viajera, editado no ano 2006. No xurado, presidido por Luis Mateo Díez, participaron por Galicia o escritor […]