libunca

8,75€

mercar

Viaxe a Libunca

Antonio Yáñez

Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña 2006

Velaquí a viaxe iniciática dun adolescente a Libunca, o país dos mortos. O encontro cos habitantes do Alén, e todo o proceso que tecen os designios para el e o seu pobo, converterán a súa viaxe nun camiño de maduración tras o cal nada será igual. Viaxar a Libunca será, pois, como viaxar no tempo. Polo tempo histórico, afastado pero sorprendentemente próximo, dun pobo, e a través do tempo persoal dun rapaz que está a descubrir a vida.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 118
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2007-06-12
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-081-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

yañez

Yáñez, Antonio
Antonio Yáñez Casal vive en Ferrol, cidade na que naceu no ano 1959. Boa parte das súas vivencias están tamén ligadas á vila de Cariño, de onde é a súa familia. No eido da literatura foi por dúas veces finalista do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación Provincial da Coruña; a primeira na edición do ano 2000 coa obra Don Cosme e o telegrama amarelo, publicada en 2004, e a segunda, na edición do ano 2004 con Crisóstomo o alifáfaro, publicado por Galaxia en 2006. Así mesmo, en 2005 foi finalista do Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil, convocado por Edicións Xerais, con Natasha e Dimitri.

Finalmente con Viaxe a Libunca, publicada por Galaxia, obtivo o premio Raíña Lupa 2006.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR