Estás aquí:

Código: 2150

Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra

12,10  IVE INCLUIDO
Da maneira que na novela Scórpio diversos narradores constrúen a biografía do protagonista, así neste libro diferentes narradores iluminan o conxunto da obra literaria, lingüística ou filolóxica de Carvalho Calero e as sucesivas etapas biográficas.
Os anos infantís en Ferrol, a vida universitaria e política xa na compaña de María Ignacia Ramos Díez, a guerra e o presidio, a dura posguerra e a fértil xeira de Fingoi, o seu labor académico, a súa entrega a Galaxia e o período da docencia universitaria. Tamén o ciclo vizoso como profesor xubilado e a incesante presenza e reivindicación de Ricardo desde o seu pasamento até os nosos días. Escritor precoz e total durante seis décadas, entregado militante do nacionalismo republicano, intelectual brillante e libre sempre entregado á nosa cultura, Carvalho Calero ocupa un dos lugares máis sobranceiros na historia galega do século XX. Podemos afirmar del o que el dicía de Otero Pedrayo. Contra Carvalho Calero non se pode construír o noso país.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 208
Deseño: Rústica
Data Publicación: 20/01/2016
Dimensións 135 x 190 mm.
Colección: Letras Galegas Clásicos
Nº na colección: 25
Edición: 1ª ed. 1ª impr.ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-436-7
Observacións:

AUTORES/AS

Rabuñal, Henrique
henrique-rabunal-por-xurxo-lobato

Henrique Rabuñal (1962) é doutor en Filoloxía Galega pola USC e catedrático de Lingua e Literatura galegas. Autor das obras Poemas da luz e da loucura (1992), Textos e contextos do teatro galego (1994), A fariña das horas (1998), A Coruña na historia (1999), O tempo demorado nos marmelos (2000), Ollos negros (2004), Palabra e patria (2005), O cristal da sede (2006), Literatura galega (2007), Teatro incompleto (2009), Escritos sobre teatro galego (2012) e Porlier en Pastoriza (2018), con Miguel Sande. Escribiu biografías de Manuel Murgía, Marinhas del Valle, o padre Sarmiento, Lugrís Freire e Xosé María Álvarez Blázquez. Colaborou en obras colectivas sobre Murguía, Carvalho Calero, F. Pillado, Marinhas del Valle, Manuel María, Vidal Bolaño, Isidro Novo, o teatro galego e as Irmandades da Fala.

As súas obras

Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra
ricardo-carvalho-calero-o-anxo-da-terra
12.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Letras Galegas Clásicos

Antoloxía poética (Cabanillas)
antoloxia
15.40€ CON IVE
Antoloxía poética de Labarta Pose
9788411761758
19.50€ CON IVE
Antoloxía poética (Florencio Delgado Gurriarán)
9788491518051
16.00€ CON IVE
Bebedeira
9788491517849
13.20€ CON IVE
Cantares gallegos
cantares
13.80€ CON IVE
Dos meus recordos
9788491519560
16.90€ CON IVE
Enredos
9788491519577
15.60€ CON IVE
Estampas desde o val
manuel-garcia-barros-estampas-desde-o-val
20.55€ CON IVE