Henrique Rabuñal (1962) é doutor en Filoloxía Galega pola USC e catedrático de Lingua e Literatura galegas. Autor das obras Poemas da luz e da loucura (1992), Textos e contextos do teatro galego (1994), A fariña das horas (1998), A Coruña na historia (1999), O tempo demorado nos marmelos (2000), Ollos negros (2004), Palabra e patria (2005), O cristal da sede (2006), Literatura galega (2007), Teatro incompleto (2009), Escritos sobre teatro galego (2012) e Porlier en Pastoriza (2018), con Miguel Sande. Escribiu biografías de Manuel Murgía, Marinhas del Valle, o padre Sarmiento, Lugrís Freire e Xosé María Álvarez Blázquez. Colaborou en obras colectivas sobre Murguía, Carvalho Calero, F. Pillado, Marinhas del Valle, Manuel María, Vidal Bolaño, Isidro Novo, o teatro galego e as Irmandades da Fala.