Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro (escrita por un bolígrafo)

Marcos López Concepción

A Pituxa ninguén lle fai caso.

A súa familia é pobre. Pero moito! Mais un día empeza a facer unha caca moi especial. De ouro! E agora todos queren a Pituxa. Sobre todo, certos banqueiros e algunhas persoas emocionadas pola súa… particularidade.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 304
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 130 x 200
  • Data Publicación : 14/12/2016
  • Colección : Árbpre
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-013-0
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

as-que-mais-molan-maria-fumacaAs que máis molan!!! UxíaMagín Blanco
hermes-aprendiz-de-magoHermes, aprendiz de magoManrique Fernández
a-ledicia-de-lerA ledicia de lerCarlos Casares
a-pel-do-mundoA pel do mundoBerta Dávila

Autor/a

SONY DSC

López Concepción, Marcos
Marcos López Concepción ten a súa casa en Lavadores (Vigo), onde emprega a súa habelencia de xogador de Tetris para ir colocando todos os seus libros sen que se derruben. Colecciona tamén pequenos detalles, fotografías e noticias curiosas que vai subindo a Facebook. Este ano comezou a estudar a fondo o regulamento da petanca e vai bastante ben nos rexistros do xeocaching. Abandonou o hobby de facer saltar pedras lisas en superficies líquidas, logo de descubrir que a marca mundial está situada en oitenta e oito botes consecutivos. Sendo un cativo leu como Balbino atopaba na rebusca unha caixiña branca de madeira que contiña todas as posibilidades do mundo. Desde aquela, fíxose partidario de darlle unha segunda oportunidade aos obxectos que o merezan, remexendo nas praias a primeira hora da mañá, nos refugallos, nas feiras, tendas de ocasión e anticuarios. O seu último achado de interese foi o bolígrafo que escribiu esta historia. Esgotada a tinta do boli máxico, arriscouse a redactar do seu puño e letra sonigramas e relatos, que, como naves espaciais, acabarán aterrando en planetas imaxinarios. Algunhas historias prenderán e medrarán. Outras non chegarán a tanto.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR