López Concepción , Marcos

SONY DSC
López Concepción , Marcos

Marcos López Concepción ten a súa casa en Lavadores (Vigo), onde emprega a súa habelencia de xogador de Tetris para ir colocando todos os seus libros sen que se derruben. Colecciona tamén pequenos detalles, fotografías e noticias curiosas que vai subindo a Facebook. Este ano comezou a estudar a fondo o regulamento da petanca e vai bastante ben nos rexistros do xeocaching.

Abandonou o hobby de facer saltar pedras lisas en superficies líquidas, logo de descubrir que a marca mundial está situada en oitenta e oito botes consecutivos.

Sendo un cativo leu como Balbino atopaba na rebusca unha caixiña branca de madeira que contiña todas as posibilidades do mundo. Desde aquela, fíxose partidario de darlle unha segunda oportunidade aos obxectos que o merezan, remexendo nas praias a primeira hora da mañá, nos refugallos, nas feiras, tendas de ocasión e anticuarios.

O seu último achado de interese foi o bolígrafo que escribiu esta historia. Esgotada a tinta do boli máxico, arriscouse a redactar do seu puño e letra sonigramas e relatos, que, como naves espaciais, acabarán aterrando en planetas imaxinarios. Algunhas historias prenderán e medrarán. Outras non chegarán a tanto.

As súas obras

Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro (escrita por un bolígrafo)
pituxa-a-fantastica-nena-da-caca-de-ouro-1
15.60€ CON IVE