ESGOTADO
Mentres vela o cadáver do seu pai, un garda civil autoritario e obsesivo, Alfredo lembra a súa vida.
A ocasión é propicia para que os recordos vaian agromando e asistamos á narración da vida difícil dun rapaz de procedencia rural que ten que loitar bravamente por todo o que vai conseguindo. Unha novela do noso tempo e do noso país co fondo da transición política, na que a vida do protagonista discorre marcada polo enfrontamento co seu pai.
(Rubín, A Estrada, 1956) é licenciado en Filoloxía Clásica. A súa ampla traxectoria na literatura galega deixou títulos como O xílgaro pintor, Os gazafellos (premio Barco de Vapor 1986), Mimos e máis mimos, Investigación 091, Andainas de Pedro Chosco, SOS, Maldito DNI, Talismán dos druídas, Andrea quere ser maior, Paisaxe con fondo gris, De como o Santo dos Croques se fai peregrino (Premio Barco de Vapor 2002) e Marxinados, entre outros.
Foto do autor de: ©Imaxefree-Hugo L. Arias.