Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo

VV.AA.

Este libro pretendía ser unha memoria do 8 de marzo de 2018, pero é moito máis

Oito mulleres moi diferentes foron convocadas a escribir sobre a súa experiencia arredor da folga xeral e as mobilizacións do Día da Muller de 2018. Desde dedicacións e idades moi diversas que implicarían a vivencia dunha folga desde sectores profesionais moi distintos, a idea deste libro era dar conta do pouso que deixou a onda feminista dese día en toda a sociedade galega, amosando que os espazos do debate feminista son tan diversos coma as súas protagonistas. O conxunto de experiencias individuais desexaba amosar a revolución feminista como poliedro, coma un cadro cheo de matices que non só ten implicacións colectivas, senón tamén persoais. E aí, no persoal, foi onde este libro comezou a ser doutra maneira.

Cada unha das oito participantes escribiu sobre o seu 8 de marzo pero, en realidade, contou a súa vida toda, observada desde a ollada feminista que, dun xeito ou doutro, estalou no seu interior ese día.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 156
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 14/12/2018
  • Colección : Varios
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-273-8
  • Edición :
  • Nº na colección : 125
  • Observacións : Coordinación: Inma López Silva

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila
a-fraga-do-meu-avoA fraga do meu avo Mamá Cabra
na-metade-da-noiteNa metade da noiteLuis Marcelo Pérez

VV.AA.

VV.AA.,


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR