O monstro de ille

Jorge Emilio Bóveda

Unha novela escura sobre un tempo escuro.

Cando todo o sobrenatural era natural e meigas, demos, feitizos e Inquisición convivían con normalidade nun universo complexo e imprevisible. Esta é a historia de tres mulleres ás que a historia e a ignorancia van pasar por enriba, esnaquizándoas. Tamén é a historia dun instante en que a Fe e a Ciencia chocan violentamente. Temores e envexas, malfalares e maldicires, odios, nenos que veñen e non deberían vir, sacerdotes que desexan o que non deberían vir, sacerdotes que desexan o que non deberían. Un crebacabezas cheo de intensidade, de violencia e de agochos misteriosos. A primeira achega narrativa de Jorge Emilio bóveda ao catálodo da Editorial Galaxia.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 148
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 20/03/2017
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-046-8
  • Edición :
  • Nº na colección : 95
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514244O latexo dunha aula infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
9788491514237O viaxeiro perfectoIván García Campos

Autor/a

jorge-emilio-boveda-distrito-xermar

Bóveda, Jorge Emilio
Jorge Emilio Bóveda (Auria Vella, 1975) Escritor e mestre de lingua inglesa, sente grande apego polos libros e a cultura. Sabe algo de literatura estraña e de cinema fantástico, móvese entre a narrativa e o ensaio, e fai paradas esporádicas no deseño. Vive nunha desa­cougante pulsión literaria e creativa recoñecendo que escribe mesmo cando non está a escribir. Son obras súas as pezas narrativas A vila das ánimas (2010), A habitación secreta (2011), O sol do pasado (2014), O monstro de Ille (Galaxia, 2017), Eternos propietarios (premio Do Peirao, 2018) e a triloxía de novelas rematada en As sete mortes de Leopoldo Pardo (2018). No ensaio destacou con A xanela escura: tres arquetipos do terror no cinema (2010) e A xanela insólita: historia reducida da ficción científica literaria (2013). O seu camiño é ler ata perder o coñecemento e tentar facer literatura allea a etiquetas.  


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR