neve en abril

7,50€

mercar

Neve en abril

Inma López Silva

Premio Rúa Nova 1996

Unha melodía perdida no pasado.

Unha mañá Elixio esperta coa estraña sensación de que vai nevar. Ao seu carón, dorme a súa muller, allea as premonicións que remexen as lembranzas de Elixio. Unha melodía perdida no pasado, alguén que regresa da morte, a sombra terrible dunha guerra que esnquizou a historia -a nosa historia- e, a pesar de todo, o amor que abre camiños para a vida e a tenrrura.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 108
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 14 x 21 cm.
  • Data Publicación : 2005-01-17
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-773-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-das-burgasO segredo das burgasAndrés Pombo Graña

inma

López Silva, Inma
Inma López Silva naceu en 1978 en Santiago de Compostela. É unha das novas narradoras galegas máis destacadas. A súa novela Neve en abril gañou o Premio Rúa Nova en 1996. Seguiron os relatos de Rosas, corvos e cancións. Con Concubinas obtivo o Premio Xerais 2002. No 2007 publicou New York, New York, diario dunha estadía na cidade norteamericana, que despois foi traducido para o castelán.

Desde moi nova soubo que a literatura sería a súa canle para ver e expresar o mundo. Moi pronto, no ano 96, gaña o Premio Rúa Nova, convocado pola Biblioteca Nova 33, de Santiago. Ese primeiro froito literario sorprendeu a lectores e crítica pola madurez que evidencia unha novela que recupera o drama nunca suficientemente contado da Guerra Civil. Neve en abril foi o libro que mereceu o dito galardón e que no 2005 renace en Galaxia como libro aberto a lectores de todas as idades, tamén aqueles que están a piques de comezar o seu percorrido pola vida adulta. Inma, ademais de escritora, destaca como crítica e investigadora teatral, colaboradora habitual en numerosas publicacións periódicas e científicas. Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.

Coa novela Memoria de cidades sen luz, publicada por Galaxia, obtivo o Premio Blanco Amor 2007. Posteriormente foi recoñecida co premio AELG como mellor obra de narrativa 2008 e o Arcebispo San Clemente como mellor novela en galego 2008. En 2016 recibiu o Premio Insua dos Poetas como recoñecemento aos seus 20 anos de carreira literaria.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR