Lobísimo do saco. Tres titiritadas

Bernardino Graña

Neste libro atoparás tres pezas de teatro infantil: Sinfarainín contra don Perfeuto, Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán) e Lobísimo do saco.

Os animais son os protagonistas destas historias que conteñen moito humor, pero tamén invitan a reflexionar sobre o abuso do poder, a tiranía, en definitiva, o terrible que é para unha sociedade perder a liberdade.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 204
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 130 x 200
  • Data Publicación : 05/09/2019
  • Colección : Árbore
  • Editorial : Editorial Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-397-1
  • Edición :
  • Nº na colección : 232
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

Autor/a

bernardino graña

Graña, Bernardino
Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) foi catedrático de Lingua e Literatura. Desde ben mozo formou parte do Consello de Redacción da revista poética Alba. Participou tamén como articulista en La Noche Faro de Vigo, ademais de colaborar como ensaísta en numerosas publicacións. En 1958 participa na creación do grupo Brais Pinto, en Madrid, e foi impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). É autor dunha ampla obra que abrangue diferentes xéneros. Da súa produción poética pódense salientar títulos como Profecía do mar (1966), Non vexo Vigo nin Cangas (1975) ou Se o noso amor e os peixes… (1980). Tamén é autor de novelas, entre as últimas están A fuga a Exipto (2016) e O neno mariñeiro (2017). Sen dúbida, é á literatura infantil e xuvenil á que ten dedicado os seus maiores esforzos, cunha produción que supera os vinte títulos, entre os que se atopan: O león e o paxaro rebelde (1969), O gaiteiro e o Rato Pérez (1994), Contra o león covarde (1995), Larpancia saborosa do lobo e a raposa (2010) ou Tragaxán e Tragadiño (2016). Membro da Real Academia Galega, foi distinguido ao longo da súa traxectoria con numerosos galardóns como o Premio Abrente, o Pedrón de Ouro, o Premio Estornela de Teatro, o Premio Merlín, o Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago e o Premio Eixo Atlántico de narrativa


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR