Estás aquí:

Código: 1822

Tragaxán e Tragadiño

10,90 € IVE INCLUIDO
Bernardino Graña recrea aqueles tempos da infancia
que nunca marchan de todo, a través dos ollos de dous pícaros que entenden o mundo como espazo de xogo, de descuberta, de vida. Un texto tenro cheo de aventuras e defensa da vida grande.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 64
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 130 x 200 mm.
Colección: Árbore a partir de 8 anos
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-696-1
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Graña, Bernardino
bernardino graña

Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) foi catedrático de Lingua e Literatura. Desde ben mozo formou parte do Consello de Redacción da revista poética Alba. Participou tamén como articulista en La Noche e Faro de Vigo, ademais de colaborar como ensaísta en numerosas publicacións. En 1958 participa na creación do grupo Brais Pinto, en Madrid, e foi impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). É autor dunha ampla obra que abrangue diferentes xéneros. Da súa produción poética pódense salientar títulos como Profecía do mar (1966), Non vexo Vigo nin Cangas (1975) ou Se o noso amor e os peixes… (1980). Tamén é autor de novelas, entre as últimas están A fuga a Exipto (2016) e O neno mariñeiro (2017). Sen dúbida, é á literatura infantil e xuvenil á que ten dedicado os seus maiores esforzos, cunha produción que supera os vinte títulos, entre os que se atopan: O león e o paxaro rebelde (1969), O gaiteiro e o Rato Pérez (1994), Contra o león covarde (1995), Larpancia saborosa do lobo e a raposa (2010) ou Tragaxán e Tragadiño (2016). Membro da Real Academia Galega, foi distinguido ao longo da súa traxectoria con numerosos galardóns como o Premio Abrente, o Pedrón de Ouro, o Premio Estornela de Teatro, o Premio Merlín, o Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago e o Premio Eixo Atlántico de narrativa.

As súas obras

Tragaxán e Tragadiño
Tragaxán e Tragadiño
10.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore a partir de 8 anos

A abella abesullona
abella
10.10€ CON IVE
A noite dos animais
a noite dos animais
esgotado
A princesiña que conducía unha locomotora
princesiña
11.40€ CON IVE
Acuarelas
acuarelas
10.80€ CON IVE
Adiviña esta adiviña
9788491516064
15.50€ CON IVE
Almas de algodón
Almas de algodón
12.75€ CON IVE
As catro estacións
as catro estacions
12.20€ CON IVE
As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas
laranxas
12.75€ CON IVE