Leva uns días xa nos andeis das librerías galegas o novo traballo dese clásico da nosa Literatura Infantil e Xuvenil que é Bernardino Graña. O seu título é TRAGAXÁN E TRAGADIÑO e está ilustrado, dentro da colección Árbore 8 anos por Patricia Castelao.
Nesta súa nova obra, o autor do Morrazo recrea aqueles tempos da súa infancia, uns tempos que nunca marchan de todo, a través dos ollos de dous pícaros que entenden o mundo como espazo de xogo, de descuberta, de vida. Un texto tenro cheo de aventuras e defensa da vida grande.