A lingua das cantigas. Gramática do galego-portugués.

Pär Larson

Velaquí un libro de grande interese para todos aqueles que aman a nosa historia, a nosa lingua e a nosa literatura.

O seu autor, Pär Larson, é un sueco afincado en Italia que coñece coma poucos as nosas cantigas medievais. Estamos diante da primeira descrición sistemática da lingua usada polos trobadores da Península Ibérica —desde Galicia e Portugal ata o reino de Aragón—, entre finais do século XII e mediados do XIV, para compor tanto poesía lírica sacra (as Cantigas de Santa María de Afonso X) como profana (cantigas de amor, de amigo e de escarnio e mal dizer).

Un libro, pois, que contribúe a pór en valor o noso patrimonio literario, un legado de excepcional valor e riqueza.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 200
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 140 x 210
  • Data Publicación : 10/09/2019
  • Colección : Manuais
  • Editorial : Editorial Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-390-2
  • Edición :
  • Nº na colección : 11
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila
a-fraga-do-meu-avoA fraga do meu avo Mamá Cabra
na-metade-da-noiteNa metade da noiteLuis Marcelo Pérez

Autor/a

par-larson-alessio-misuri

Larson , Pär
Pär Larson nado en Suecia, vive en Italia desde 1981. É investigador no Instituto Opera del Vocabolario Italiano (OVI-CNR) de Florencia, cidade onde finalizou a súa formación universitaria baixo a dirección do grande historiador da lingua italiana Arrigo Castellani. Lingüista, filólogo e lexicógrafo, Larson ocúpase principalmente de gramática histórica e de lírica románica medieval. É socio correspondente da Accademia della Crusca, coa que publicou en 1995 un Glossario diplomatico toscano, explorando os elementos pre-literarios italianos na documentación latina medieval.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR