Libro de horas

17,70€

mercar

Libro de horas

Miguel Anxo Murado

Un dobre do rei de Marrocos, Hong Kong nos últimos días de control británico, unha alfombra que conta un xenocidio...

As historias desde libro están tomadas da realidade pero aparecen filtradas pola sensibilidade do escritor. Nas súas páxinas, polas que tamén transcorre a barba de Tutankhamon, a cabeza de Goya ou a figueira de Rosalía, o lector atopará explicacións a preguntas tales como cal é a única persoa cuxas cinzas repousan na lúa, como soan as cancións dos Rolling Stones en latín, como se pode distinguir o capitalismo do comunismo desde o espazo exterior ou que deducirán sobre a nosa Europa uns hipotéticos arqueólogos do futuro a partir da distribución das moedas de euro. Son historias, a fin de contas, que pretenden "sobrevoar os temas do día para, a base de darles unha volta, facelos máis complexos e non máis simples".

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 188
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2016-06-10
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-707-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Chega o LIBRO DE HORAS2016-06-21 08:34:27


Actividades relacionadas


Novidades

a-tua-historiaA túa historiaKathryn StrobelVanesa Álvarez
a-revolucion-verticalA revolución verticalNgũgĩ wa Thiong’o
do-tempo-e-dos-astrosDo tempo e dos astrosAntonio Fraguas
antonio-fraguas-mestre-da-memoriaAntonio Fraguas. Mestre da memoriaMalores Villanueva Gesteira

Autor/a

miguel-anxo-murado

Murado, Miguel Anxo
Nado en Lugo en 1965, é escritor, guionista de cinema e televisión. A súa aparición no mundo literario tivo lugar con Metamorfosis benezianas (1983), novela en castelán coa que gañou ós 17 anos o Premio Café Gijón. En galego é autor dunha variada obra que inclúe narrativa (Memoria de derribos, Mércores de cinza), poesía (Lapidario dos heterodoxos, Bestiario dos descontentos) e teatro (A grande noite de Fiz, Historias peregrinas). En 1991 e 1994 viaxou á exIugoslavia como enviado especial, experiencia da que naceu Ruído. Relatos de guerra. En 2001 publicou o ensaio Caderno de Xapón. En paralelo co seu traballo literario, Murado desenvolveu durante anos un labor de guionista, polo que obtivo en tres ocasións o Premio Carlos Velo para guionistas da Xunta de Galicia. Seus son os guións de películas do cinema español como La Ley de la Frontera ou Finisterre. En televisión, escribiu e realizou unha ducia de documentais sobre Xeografía, Literatura e Política, e colaborou en varias series. Murado desenvolveu unha actividade intermitente no campo do xornalismo. É columnista habitual en diversos medios. Residiu varios anos en Oriente Medio, onde traballou sucesivamente para as Nacións Unidas, o Goberno da Autoridade Palestina e como correspondente de prensa. Premio Pedrón de Honra 2015 e Fernández Latorre 2016.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR