Está chegando xa ás librerías a nova obra de Miguel Anxo Murado, un dos escritores do noso sistema literario que mellor coñecen e manexan a distancia curta do relato como ben demostrando dende hai ben de anos.
As historias desde libro están tomadas da realidade pero aparecen filtradas pola sensibilidade do escritor. Nas súas páxinas, polas que tamén transcorre a barba de Tutankhamon, a cabeza de Goya ou a figueira de Rosalía, o lector atopará explicacións a preguntas tales como cal é a única persoa cuxas cinzas repousan na lúa, como soan as cancións dos Rolling Stones en latín, como se pode que deducirán sobre a nosa Europa uns hipotéticos arqueólogos do futuro a partir da distribución das moedas de euro. Son historias, a fin de contas, que pretenden "sobrevoar os temas do día para, a base de darlñles unha volta, facelos máis complexos e non máis simples".

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR