A liberdade no século XXI

Enrique Sáez Ponte

O crecemento da poboación e da economía que se rexistra desde hai douscentos anos crea condicións sociais moi diferentes ás de tempos históricos anteriores.

Despois das revolucións liberais, o pobo converteuse no depositario exclusivo da lexitimidade do poder político. O poder xa non vén de Deus ou da tradición ou de calquera outra fonte que daba a unha persoa, a unha familia, a unha caste o dereito de mandar sobre os demais. Esa xigantesca vitoria ética é a gran conquista dos demócratas: o Estado de dereito non é só un logro político, é tamén a gran revolución social. Así e todo, o ser humano debe enfrontarse permanentemente á concentración de poder en minorías que o usufrutúan. Esa é a razón desde ensaio, a mingua de liberdade que produce a acumulación de poder nun grao non coñecido antes e nunha sociedade máis grande e conectada. Combinando axilidade expositiva e rigor, neste libro analízanse os procesos actuais de acumulación de poder nos seus hátitats principais: os aparellos político-burográticos, o capital e a comunicación. A eles engádese unha das cuestións máis importantes para as sociedades deste século: a problemática específica das mulleres. A loita polas liberdades non remata nunca.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 164
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 23/10/2017
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-077-2
  • Edición : 1ª ed. 1ª impr.
  • Nº na colección : 85
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

a-senda-de-salA senda de salFran Fernández Davila
a-liberdade-no-seculo-xxiA liberdade no século XXIEnrique Sáez Ponte
o-cidadan-perfectoO cidadán perfectoRaquel Ricart Leal

Autor/a

enrique-saez-ponte-andarasan-dhanushkodi

Sáez Ponte, Enrique
(A Coruña, 1947) é licenciado en Economía e Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e MBA polo IESE (Barcelona). Asistiu a cursos de especialización na Northwestern University (Illinois, EUA) e na Universidade de Cambridge (Reino Unido). Traballou durante trinta anos no Banco Pastor, ocupando postos de alta dirección nos derradeiros catorce anos desta etapa, que rematou en 2003. Na actualidade, ademais de ser administrador de varias sociedades, preside a Fundación Juana de Vega. É patrón no Museo do Pobo Galego e asesor do IGADI. Á marxe da súa actividade profesional, interesouse especialmente por temas relacionados co comportamento colectivo, o desenvolvemento, o funcionamento da economía somerxida e a situación de Galiza. Publicou munerosos artigos, ademais de participar en obras colectivas, e é autor de dous ensaios: O mundo e nós (1999) e La energía oscura del dinero (2007).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR