(A Coruña, 1947) é licenciado en Economía e Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e MBA polo IESE (Barcelona). Asistiu a cursos de especialización na Northwestern University (Illinois, EUA) e na Universidade de Cambridge (Reino Unido). Traballou durante trinta anos no Banco Pastor, ocupando postos de alta dirección nos derradeiros catorce anos desta etapa, que rematou en 2003. Na actualidade, ademais de ser administrador de varias sociedades, preside a Fundación Juana de Vega. É patrón no Museo do Pobo Galego e asesor do IGADI.
Á marxe da súa actividade profesional, interesouse especialmente por temas relacionados co comportamento colectivo, o desenvolvemento, o funcionamento da economía somerxida e a situación de Galiza. Publicou munerosos artigos, ademais de participar en obras colectivas, e é autor de dous ensaios: O mundo e nós (1999) e La energía oscura del dinero (2007).