Illados. Diario da pandemia

María López Sández

Miguel Muñiz

A primavera de 2020 mudou para sempre as nosas vidas e deixará, sen dúbida, fondas pegadas na memoria da nosa xeración

A cámara de Miguel Muñiz condensa, en imaxes, moitas das emocións experimentadas ao longo destes días que transcorreron baixo a sombra da pandemia: o baleiro das rúas, os ollos asustados, a épica da loita, as historias de camioneiros en tránsito e circos varados nun tempo estraño, escolas desertas e nenos confinados, reencontros e fronteiras, a vida que á fin agroma entre as fendas… Imaxes e textos; literatura e fotografía; poesía e ensaio. A arte coma unha arma para enfrontármonos ao mundo e dotalo de sentido. Ao xeito de Boccaccio e os seus cen contos do Decamerón, erguéndose, con vitalismo, fronte á peste negra, os textos de María López Sández acompañan e interpretan estas fotografías que lle dan forma ao que sentimos e o integran con tinta imborrable na nosa experiencia.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 148
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 237 x 210
  • Data Publicación : 21/09/2020
  • Colección : Reportaxe
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-480-0
  • Edición :
  • Nº na colección : 21
  • Observacións : Fotografías de Miguel Muñiz

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

sandez

López Sández, María
María López Sández (Lugo, 1973) é doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente imparte docencia no ensino medio e é profesora asociada de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias de Educación da USC. O seu labor de investigadora centrouse na relación da literatura galega co imaxinario paisaxístico e co espazo urbano, no estudo da cartografía como semiótica do espazo. Co traballo titulado Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio obtivo o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007.
No 2012 resultou gañadora da VI edición do Premio de Narrativa Breve Repsol coa novela A forma das nubes, publicado por Galaxia no mes de novembro do ano 2012.

Autor/a

miguel-muniz

Muñiz, Miguel
(Ourense, 1966) é fotoxornalista e colabora con diversos medios (ABC, Expansión, Revista Eco, Destino Galicia…). Como fotoxornalista cubriu acontecementos como o Prestige ou o accidente de Angrois. Colaborou en libros de fotografía como Fomos ficando sós o mar, o barco e mais nós, da editorial Difusora, e realizou exposicións sobre o Camiño de Santiago ou sobre a Galicia tradicional (Raíces) de ampla difusión, chegando a Houston ou Braga. Foto de: © Moncho Fuentes


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR