habera

29,75€

mercar

Haberá primavera. Catorce poemas, catorce cancións

César Morán

Música e literatura da man dun libro-disco acompañado da derradeira entrevista de Álvaro Cunqueiro

Neste ano 2011, e coincidindo co centenario do nacemento do poeta Álvaro Cunqueiro, Editorial Galaxia edita un libro de poemas do autor de Mondoñedo, acompañado de dous CDs, un cos poemas musicados por César Morán, e outro coa gravación da derradeira conversa concedida por Cunqueiro, precisamente a César Morán, días antes de morrer. Estamos a falar dun libro-disco que ademais de conter unha excelente proposta musical, agasállanos cun documento histórico de primeira orde.

César Morán rodeouse de músicos de primeiro nivel (entre os que destaca a voz de Uxía Senlle) para ofrecernos un excelente e elegante traballo que vai namorar aos seguidores de Cunqueiro pero tamén aos amantes da boa música que poderán comprobar como soa o de Mondoñedo agarimado pola guitarra, a frauta traveseira, o saxo alto, o contrabaixo e a percusión da banda de César Morán, quen presta a súa voz sintonizando á perfección coa lírica contida dos versos de Cunqueiro.

Un proxecto innovador que nos presenta a Cunqueiro doutra maneira, unindo literatura, música e un documento sonoro de innegable valor histórico e literario, como é esa derradeira conversa co de Mondoñedo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 56
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 135 x 245 mm.
  • Data Publicación : 2011-11-16
  • Colección : Libros singulares e fora de colección
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-397-7
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Novidades con moita música2012-03-27 10:17:11
Un agasallo para os sentidos2012-03-27 10:17:59

Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas

César Morán en Allariz2012-11-24 20:30:00

Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

cesar

Morán, César
"A música entrou en min antes mesmo que a literatura. Aos catro anos os veciños escoitábanme cantar polos tellados. Aos cinco tiven un pequeno acordeón verde. Caín enriba del e doeume o labio. Aos sete o meu pai ensinoume a tocar por cifra no primeiro saxofón de plástico. Aos oito aprendín coa harmónica e aos catorce inicieime na guitarra e no piano e comecei a cantar en público. Desde entón fáiseme difícil prescindir da música en calquera cousa da vida, de xeito que sen querer reduzo a ritmos e melodías a expresión do ordinario: unha frase á saída do elevador, o traqueteo dun tren, o cacarexo das pitas ou o paso do cuspe no cinema. Lembro cando neno o pregoeiro señor Vicente, coa súa corneta, anunciando o que viña de peixe, e vexo máis música na súa voz que na corneta.

Tiven unha formación clásica imperfecta e gostaba de adormecer co "Largo" de Haendel, con Mozart e Beethoven, cos Nocturnos de Chopin. Amaba Rafael, Adamo, Gigliola Cinquetti, Françoise Hardy e o Tom Jones de Delilah. Mais un día, nun festival, déronme de premio un disco de Led Zeppelin. Tiña dezasete anos. De seguido entraron en min The Beatles, Cat Stevens, Serrat, toda a illa de Wight, os cantautores franceses e os cataláns. Foi antes de Caetano e o mundo brasileiro, e de Pink Floyd e de Kim Crimson, e de Chick Corea e de todo o jazz.

A fins dos 70 formamos Agra, o primeiro grupo de jazz-rock que houbo neste país, coas raíces folclóricas que nos inspiraban Triana e as bandas de Barcelona. Mais o tempo esvaíu os ecos e a "movida" dos oitenta virou cara a outro lado. Para min, en todo caso, a música foi ligada sempre á literatura, o que enlaza coa miña vida docente.

Síntome pleno na arte interdisciplinar. Ás veces a arte é revolución, e así debe ser. Desde o meu disco Río de son e vento (1998) a este Haberá primavera (2011) hai un camiño: algunhas rosas e moita cousa imperfecta que nos manda actuar. Esta vez é por Cunqueiro."


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR