Estás aquí:

Código: 2666

Galiza na Unión. A porta atlántica

22,95  IVE INCLUIDO
Camilo Nogueira publica na colección ENSAIO dúas interesantísimas entregas: unha sobre a construción da Unión Europea, dende os primeiros tratados do carbón e do aceiro ata os nosos días; outra sobre a significación que para Galiza ten o proxecto europeísta.
No momento da entrada na CE, Galiza non contou cun estado propio, como o de Irlanda, sufrindo as determinacións políticas alleas. En Galiza na Unión. A porta atlántica trátase da admirábel resposta da sociedade galega, dispondo agora dunha singular estrutura produtiva, con múltiples actividades económicas que encabezan as do Estado español. Unha sociedade preparada para unha vida política aberta e independente.

A través do camiño que ía de Europa en dirección a Compostela, Galiza estivo presente nas orixes da identidade do continente. George Steiner fala da relación entre a humanidade europea e a paisaxe moldeada polos pés e as mans, pondo o percorrido dos peregrinos como paradigma das distancias a escala humana, dos horizontes enxergados andando.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 200
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 24/04/2008
Dimensións 13,5 x 21 cm. mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-063-1
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

Recesións relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Nogueira, Camilo
camilo

Camilo Nogueira Román (Vigo, 1936) é enxeñeiro industrial e economista. Entre 1964 e 1977 traballou na industria do automóbil e na promoción do desenvolvemento industrial. Membro da Comisión que elaborou o Estatuto dos 16 e deputado no Parlamento de Galiza entre os anos 1981-1993 e 1997-1999, tamén foi deputado no Parlamento Europeo. Autor, entre outros textos, de A memoria da nación e A terra cantada.

En 2009 recibiu, polo seu ensaio Europa, o continente pensado, os premios Losada Diéguez e o Premio da Crítica-Galicia. En 2010 foille concedido o Pedrón de Ouro e en 2011 o Premio Moncho Valcarce á Defensa da Terra.
No ano 2016, foi recoñecido co Premio Trasalba.

As súas obras

Galiza na Unión. A porta atlántica
galiza
22.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
14.80€ CON IVE