Nogueira, Camilo

camilo
Nogueira, Camilo

Camilo Nogueira Román (Vigo, 1936) é enxeñeiro industrial e economista. Entre 1964 e 1977 traballou na industria do automóbil e na promoción do desenvolvemento industrial. Membro da Comisión que elaborou o Estatuto dos 16 e deputado no Parlamento de Galiza entre os anos 1981-1993 e 1997-1999, tamén foi deputado no Parlamento Europeo. Autor, entre outros textos, de A memoria da nación e A terra cantada.

En 2009 recibiu, polo seu ensaio Europa, o continente pensado, os premios Losada Diéguez e o Premio da Crítica-Galicia. En 2010 foille concedido o Pedrón de Ouro e en 2011 o Premio Moncho Valcarce á Defensa da Terra.
No ano 2016, foi recoñecido co Premio Trasalba.

As súas obras

Europa, o continente pensado
europa
24.20€ CON IVE
Galiza na Unión. A porta atlántica
galiza
22.95€ CON IVE