e

13,00€

mercar

É

Manuel Outeiriño

Unha festa a deshoras. A colección Dombate, que Editorial Galaxia, dedica á poesía, publica É, un libro de Manuel Outeiriño no que a linguaxe aproveita todo o seu potencial sonoro e a poesía se contaxia do xogo para intensificar a súa capacidade de chegar ao lector ou lectora.

Coa publicación deste poemario de Outeiriño, Galaxia continúa a súa liña editorial de poñer no mercado, ao carón de novas edicións de títulos senlleiros esgotados ou pouco accesibles, o traballo actual dos poetas que deron a coñecer a súa obra durante os anos oitenta e noventa.

Coma unha festa a deshoras, o libro de Outeirño sorprende e fai abrollar, con humor e con toda a expresividade musical da linguaxe, a emoción do recoñecemento e asemade o espanto do encontro inesperado.

Segundo Manuel Outeiriño, en É búscase certa dición entremedias Ungarettie os irmáns Tonetti. Pola súa banda, a poeta María do Cebreiro Rábade Villar afirma que "Manuel Outeiriño é un poeta músico porqué como nunha emulatio do trompetista (tomando a palabra latina no seu dobre sentido reverencial e agónico), é consciente de que o seu traballo consiste en moldear as cualidades e as barreiras do son".

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 128
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 14 x 21 cm.
  • Data Publicación : 2005-05-26
  • Colección : Dombate (Poesía)
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-808-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

os-ollos-do-tangaleironOs ollos do TangaleirónXosé Antonio Neira Cruz
pantallasPantallasCelia Parra
iridiumIRIDIUMFrancisco Castro

Autor/a

manuel-outerino

Outeiriño, Manuel
Naceu en Ourense no ano 1962. Ultimamente sintoniza co poema "Velas de son levado", de Aquilino Iglesia Alvariño e Celso Emilio Ferreiro, máis do que para as pezas do piano a catro mans de Mozart. Recoñece que leu máis a Reixa cá Afonso o sabio (e que a cousa xa non ten volta). Publicáronlle Depósito de espantos (1994), Letras vencidas(1999) e É (2005). Fixo versións galegas J.V. Foix, Pere Quart, Joan Vinyoli, Gabriel Ferrater, Joan Fuster, Stephen Spender, Seamus Haney, Derek Walcott, Wallace Stevens e das novelas Unha viaxe sentimental, de L. Sterne, Os papeis de Aspern, de Henry James, e Corazon da escuridade, de Joseph Conrad. Algunhas das súas impresións literarias andan nos artigos sobre O valo de Manselle, de Anxo Angueira, e sobre as baladas líricas de Otero Pedrayo que lle publicaron na Trabe de Ouro.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR