Outeiriño, Manuel

manuel-outeriño
Outeiriño, Manuel

Naceu en Ourense no ano 1962. Ultimamente sintoniza co poema Velas de son levado, de Aquilino Iglesia Alvariño e Celso Emilio Ferreiro, máis do que para as pezas do piano a catro mans de Mozart. Recoñece que leu máis a Reixa cá Afonso o sabio (e que a cousa xa non ten volta). Publicáronlle Depósito de espantos (1994), Letras vencidas(1999) e É (2005). Fixo versións galegas J.V. Foix, Pere Quart, Joan Vinyoli, Gabriel Ferrater, Joan Fuster, Stephen Spender, Seamus Haney, Derek Walcott, Wallace Stevens e das novelas Unha viaxe sentimental, de L. Sterne, Os papeis de Aspern, de Henry James, e Corazon da escuridade, de Joseph Conrad. Algunhas das súas impresións literarias andan nos artigos sobre O valo de Manselle, de Anxo Angueira, e sobre as baladas líricas de Otero Pedrayo que lle publicaron na Trabe de Ouro.

As súas obras

É
e
15.90€ CON IVE
Do amado amodo
do-amado-amodo
12.90€ CON IVE