Estás aquí:

Código: 2784

Calella sen saída

15,00  IVE INCLUIDO
Unha narración realista, dura e emotiva sobre a vida dos inmigrantes africanos en España, contada por un dos seus protagonistas.
O narrador desta historia é un mozo africano que chega a Europa coa intención de seguir cursando os estudos que iniciou no seu país natal. Pero a súa ilusión axiña se esvae cando ve que está forzado a entrar no mundo do traballo precario e a converterse nun inmigrante sen papeis, nun ilegal. Esta crónica novelada, en boa medida autobiográfica, dá conta da vida dos que veñen ao noso país sen papeis pero cheos de esperanza. Ponnos en contacto cun mundo moi próximo e, á vez, mal coñecido.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 212
Deseño: Rústica
Data Publicación: 10/11/2011
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Costa Oeste
Nº na colección:
Edición: 3ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-846-0
Observacións:

AUTORES/AS

Omgbá, Víctor

Víctor Omgbá naceu en Camerún, en 1967. Cursou estudos de Dereito na Universidade de Yaundé, capital do seu país natal. Chegou a Madrid en 1995 e aos poucos meses trasladouse á Coruña, cidade na que reside. Nestes anos, para sobrevivir, Omgbá tivo que aceptar moitos traballos diferentes, pero nunca deixou de escribir e de dedicar tempo á literatura, a súa auténtica vocación. Nos últimos catro anos publicou algúns relatos en xornais e revistas.

As súas obras

Calella sen saída
calella sen saida
15.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Costa Oeste

2044
2044
17.20€ CON IVE
A besta moura
besta
12.90€ CON IVE
A boca do monte
A boca do monte
14.50€ CON IVE
A cámara escura
9788491515838
10.20€ CON IVE
A derradeira bala
a-derradeira-bala
12.60€ CON IVE
A desaparición de Evelyn
desaparicion evelyn
14.00€ CON IVE
A dona de Auria
15.50€ CON IVE
A era de Lázaro
era lazaro
11.50€ CON IVE