Estás aquí:

Código: 2858

Berta Mir. O caso do falso accidente

16,80  IVE INCLUIDO
"Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral da Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a traducción e/ou edición do ano 2018" E cumprirán, así mesmo, coa normativa vixente exixida para o depósito legal.
Berta Mir é unha moza de dezaoito anos, co seu grupo de música, cos seus amigos, cos seus amores, coas súas dúbidas, coas súas inquedanzas...; pero a vida daralle un xiro inesperado: seu pai, detective privado, sofre un gravísimo accidente de coche, froito dun intento de asasinato. Berta deverá loitar contra o reloxo e resolver, botando man da súa afouteza e enxeño, os tres casos que seu pai estaba a investigar: un pai que fai seguir o fillo para evitar que tome drogas, unha moza que fuxiu da casa co mozo, e unha muller que engana o seu marido... O caso do falso accidente é a primeira novela onde esta noviña detective terá que moverse polos ambientes perigosos de Barcelona, á vez que compaxinar a súa nova actividade co seu día a día. Dúas vidas difíciles de cadrar para unha moza da súa idade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 272
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Costa Oeste
Nº na colección: 105
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-192-2
Observacións:

AUTORES/AS

Sierra i Fabra, Jordi
Jordi-Sierra-i-Fabra-195x220

Naceu en Barcelona en 1947. É un dos autores españois máis prolíficos e recoñecidos internacionalmente. Autor de máis de douscentos libros e traducido a máis de vinte linguas, iniciouse profesionalmente no xornalismo e foi director de revistas fundamentais para a introdución en España da música rock, como Disco Exprés. Desde 1978 dedícase exclusivamente á literatura, alcanzando un extraordinario éxito de público e vendas. Entre as súas obras máis populares destacan Historia de la música pop, El joven Lennon, El tiempo del olvido, Nun lugar chamado Guerra e Durmido sobre os espellos. Algunhas das súas obras coñeceron adaptacións á televisión. En 2006 e 2010 foi candidato ao Nobel da literatura para xoves, o premio Hans Christian Andersen, representando a España. En 2011 entrou no padroado do Instituto Cervantes.

A lista dos seus premios é interminable: Ateneo de Sevilla, Gran Angular, Vaixell de Vapor, Abril, Edebé, Cervantes Chico… En 2007 gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, coa súa obra Kafka y la muñeca viajera, publicado en galego por Galaxia.

As súas obras

Como lágrimas na chuvia
9788491516002
17.75€ CON IVE

COLECCIÓN

Costa Oeste

2044
2044
17.20€ CON IVE
A besta moura
besta
12.90€ CON IVE
A boca do monte
A boca do monte
14.50€ CON IVE
A cámara escura
9788491515838
10.20€ CON IVE
A derradeira bala
a-derradeira-bala
12.60€ CON IVE
A desaparición de Evelyn
desaparicion evelyn
14.00€ CON IVE
A dona de Auria
15.50€ CON IVE
A era de Lázaro
era lazaro
11.50€ CON IVE