Estás aquí:

Código: 2645

As terceiras mulleres

17,80 € IVE INCLUIDO
Unha maneira nova de entender a representación da subxectividade feminina e a representación artística feita por mulleres.
Feminino e plural, As terceiras mulleres son figuras da multiplicidade que poden propiciar un achegamento á lenta e complexa intervención histórica das mulleres como "suxeitos". Este ensaio de ensaios intenta trazar un percorrido libre por distintas obras da tradición occidental, mostrando o diálogo entre a literatura, a música e as artes visuais de moi distintos tempos e lugares.
En As terceiras mulleres, a autora amosa como as fillas de Anio, cantadas por Ovidio nas Metamorfoses, supoñen a emerxencia dunha posibilidade alternativa de concibir a relación entre os xéneros, tomada esta palabra no seu dobre sentido de "xénero sexual" e "xénero literario". A misteriosa raíña de Mallorca, o poema "Dona Flamenca" de Álvaro Cunqueiro e a canción de temática amorosa composta e interpretada por mulleres cubanas son outros dos temas sobre os que María do Cebreiro refléxiona e, a carón deles, sobrancean un orixinal achegamento ao pensamento literario de Virxinia Woolf ou a análise da fuxida dos discursos filosóficos e artísticos sobre o amor na sociedade contemporánea.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 156
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 28/02/2005
Dimensións 14 x 21 cm. mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-771-5
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Rábade Villar, María do Cebreiro
María-do-Cebreiro-©Laura-Dalama

María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) é poeta e profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Santiago de Compostela. É autora de ensaios, antoloxías e de máis dunha ducia de poemarios entre os que destaca a triloxía composta por Os inocentes (2014), O deserto (2015, Premio da Crítica Española e Premio da Crítica de Galicia), e A lentitude (2017). No ano 2004 publicou o libro infantil Dona e don (Galaxia); en 2005 publicou o ensaio Terceiras mulleres (Galaxia) e o ano seguinte o poemario Os hemisferios (Galaxia), ao que seguiu A herba de namorar (Galaxia, 2019). En 2011 publicou o ensaio Fogar impronunciable. Poesía e pantasma, ao que seguiría Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza (Galaxia, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, 2021).

É autora do ensaio introdutorio de 8 ensaios sobre Rosalía, publicado co gallo do 75 aniversario da Editorial Galaxia.

As súas obras

A herba de namorar
a-herba-de-namorar
17.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A ARTE DE NON MORRER. ANTROPOLOXÍA DA LONXEVIDADE GALEGA
A arte de non morrer
23.50€ CON IVE
A arte do imposible
arte
26.10€ CON IVE
A condición homosexual
foto
24.20€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
29.35€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
22.00€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
25.55€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
31.80€ CON IVE