Era unha vez o xefe dunha banda de corenta ladróns
é un home bo que se chamaba Alí Babá. E unha cova chea de tesouros que abría cando alguén dicía: "Ábrete, sésamo!" Todos coñecemos a historia. Mais, o que ás veces se esquece é que a verdadeira protagonista é Morxiana, unha muller afouta que lle vai dar a volta ao mundo, e á historia tradicional, e vai salvar a súa familia e a vila toda. E, sobre todo, vai loitar contra os usureiros e os ditadores, e todos os que fan a fortuna erguéndose sobre os cadáveres dos máis febles e desafiuzados da historia. Marilar Aleixandre cóntanos o conto de sempre mais non coma sempre. Como Morxiana, rebelándose contra o mundo e as relacións de xénero e de dominación. Empoderándose. Muller de seu.

A andaina poética de Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) iniciábase a finais da década dos anos noventa coa publicación de Catálogo de velenos (Premio Esquío) e continuaba con Abecedario de árbores (2006) e Mudanzas (Premio PEN–
-Caixanova, 2007) —volumes recollidos en Mudanzas e outros velenos (Galaxia, 2017)— ou Desescribindo (2016). Entre as súas achegas no eido da narrativa destacan As malas mulleres (Galaxia, 2021), novela recoñecida co Premio Eduardo Blanco Amor e co Premio Nacional de Narrativa, e As bocas cosidas (Galaxia, 2025), co que este poemario dialoga.