Estás aquí:

Código: 1801

A verdadeira historia da mosca da tele

11,50  IVE INCLUIDO
Premio Frei Martín Sarmiento 2014 Hai moscas que non se conforman con ser moscas e que, ademais, queren ser estrelas da televisión. A que non sabías que hai unha mosca que se coa nos programas de máxima audiencia? Unha mosca á que lle gusta xogar cos convidados. Pero iso si, aos convidados da tele non lles gusta nada que a mosca os amole...
Un dos libros máis divertidos e curiosos de todos cantos teñas vistos na vida. Porque, a ver, cantos libros coñeces que teñan como protagonista unha mosca televisiva? María Solar escríbenos unha historia divertida e moi pouco particular, que nos vai servir para acompañar á mosca da tele dende os platós da televisión en Galicia á televisión do Caribe! A culpa de todo tívoa un señor calvo que puxo o sombreiro xusto cando a mosca estaba a lle zugar a suor da cabeciña. Na súa viaxe, a mosca da tele coñecerá outros moitos insectos cos que compartirá aventuras e alimentos. Unha viaxe zoolóxica e zooilóxica do máis divertida. Acompaña a esta mosca catódica no seu periplo de éxito mundial!!!

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 108
Deseño: Rústica
Data Publicación: 30/12/2013
Dimensións 130 x 200 mm.
Colección: Árbore a partir de 10 anos
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-458-5
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Solar, María
solar

María Solar é unha das autoras máis lidas e traducidas dos últimos anos en Galicia. Escritora e xornalista, a súa carreira profesional na comunicación está moi vencellada ao mundo audiovisual. É coordinadora de cultura da CRTVG e presenta o programa ZigZag Fin de Semana da TVG. Presentou todo tipo de programas e formatos tanto en radio como en televisión e colaborou en prensa e revistas. A súa formación académica abrangue as ciencias e as letras. É licenciada en Bioloxía e Xornalismo e diplomada en Maxisterio

Como escritora colleitou éxitos como ‘Os nenos da varíola’ (Galaxia, 2017), premio ao mellor libro xuvenil da III Gala do Libro. Gañou o Premio Lazarillo de creación literaria con ‘O meu pesadelo favorito’ (Galaxia, 2015), tamén premio ao mellor libro infantil da I Gala do libro e destacado na preciada Lista White Ravens da Biblioteca de Múnich. Entre outros libros da autora destacan: ‘As horas roubadas’ (Xerais, 2016) Premio Frei Martin Sarmiento á mellor novela de adultos, A verdadeira historia da mosca da tele (Galaxia, 2012) Premio Frei Martin Sarmiento, ‘As meigas de Lupa’ (Xerais, 2012), ‘Teño un pés perfectos’ (Kalandraka, 2012) Lista White Ravens, ‘Vou ter un irmán’ (Galaxia, 2010) Premio Frei Martin Sarmiento. En ensaio publicou, entre outros, o libro ‘¿Quieres ser periodista?’ (Siruela, 2017) con Luis Fraga. Case toda a súa obra está traducida a castelán e catalán e internacionalmente ten traducións ao portugués, italiano, chino e filipino.

As súas obras

Os nenos da varíola
osnenosdavariola
14.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore a partir de 10 anos

A avoa e mais eu
foto
esgotado
A bolsa amarela
bolsa amarela
esgotado
A cadeliña rariña
cadeliña rariña
esgotado
A mamá que perdeu as cóxegas
A mamá que perdeu as cóxegas
11.80€ CON IVE
A marela Tarabela
marela tarabela
10.20€ CON IVE
A toupiña cegarata
a toupiña cegarata
13.50€ CON IVE
A verdadeira historia da mosca da tele
mosca
11.50€ CON IVE
A verdadeira historia do burro Feldespato
historia feldespato
esgotado