Estes días irá chegando ás librerías de todo o país o libro de María Solar, 'A verdadeira historia da mosca da tele', que publicamos na colección Árbore 10 anos e que, estamos certos, vai engaiolar a moitas lectoras e lectores.
María Solar cóntanos neste libro unha historia divertida e moi pouco particular, que nos vai servir para acompañar á mosca da tele dende os platós da televisión en Galicia á televisión do Caribe. Todo por culpa dun señor calvo que puxo o sombreiro xusto cando a mosca estaba a lle zugar a suor da cabeza. Na súa viaxe, a mosca da tele coñecerá outros moitos insectos cos que compartirá aventuras e alimentos. Estamos, xa que logo, diante dunha viaxe zoolóxica e zooilóxica do máis divertida.

María Solar naceu e vive en Santiago de Compostela. É presentadora e coordinadora do programa cultural 'Zigzag Diario' da TVG. Licenciouse en Xornalismo e Bioloxía ademáis de ser diplomada en Maxisterio e ter o título de Especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. A súa actividade profesional sempre se centrou no xornalismo e ten unha longa traxectoria en radio e televisión. Na Radio Galega presentou e dirixiu durante oito anos o magacine As tardes da Galega e na TVG presentou diversos programas. Como autora, publicou na editorial Galaxia o álbum 'Vou ter un irmán!!!' (finalista do Premio Frei Martín Sarmiento 2012).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR