Falando cos nosos autores

Categoría: Nova

Mañá será un día para falar de literatura en distintos lugares do país, para parolar cos autores e poder coñecer de primeira man os segredos da creación literaria e a intrahistoria dos libros.
Así, por unha banda, Xavier Alcalá visitará a Casa da Cultura de Fene, ás 19 horas, dentro do programa de encontros cos escritores e escritoras que no seu día gañaron o Premio Blanco Amor. O acto celebrarase na Casa da Cultura de Fene e será conducido polo poeta Alfredo Ferreiro.
E noutra parte do país, o escritor e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, unha hora máis tarde e na Asociación de Veciños San Roque de Pontevedra, manterá unha conversa co público arredor da súa novela 'Cabalo de ouros'.
Dúas boas ocasións para nos achegar aos creadores e falar da palabra, a historia, a literatura e os mundos que se constrúen nela.

Comparte nas túas redes sociais ou por email