A soidade das medusas

10,00€

mercar

A soidade das medusas

Iria Collazo López

Que poden ter en común unha pianista, un escritor, unha nena, un vello e unha reputada fotógrafa.....

Que poden ter en común unha pianista exitosa, protagonista dunha historia inexistente que nunca poderá ser contada, un escritor pechado contra a súa vontade nun apartamento no medio dun mar de rañaceos, unha nena de ollos tristes e pasado cruel que foxe do vento, unha reputada fotógrafa con ansias de voar lonxe, os soños dun vello inconsciente no deserto do hospital ou unha oficinista presa dos seus propios rituais e dun amor imposible? A resposta está nos relatos deste libro. A soidade das medusas, cheo de personaxes que transitan por un océano de encrucilladas onde, como dixo a filósofa María Zambrano, "todo ten dereito a ser, incluso o que non puido existir endexamais".

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 84
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2016-11-24
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-019-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

a-senda-de-salA senda de salFran Fernández Davila
a-liberdade-no-seculo-xxiA liberdade no século XXIEnrique Sáez Ponte
o-cidadan-perfectoO cidadán perfectoRaquel Ricart Leal

Foto Iria Collazo López

Collazo López, Iria
Naceu en Barro (Pontevedra) en 1981, pero leva no Morrazo (primeiro Moaña, agora Cangas) desde os sete anos. As historias que lle contaron, que vive e que respira nestes dous lugares impregnan boa parte do que escribe. Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira. Ao ano seguinte aprobou as oposicións ao Ensino Secundario e hoxe exerce como profesora de Lingua e Ligeratura Galega no IES As Barxas, de Moaña. Coma unha áncora é a súa primeria obra literaria publicada, e tamén a primeira que se atreveu a escribir.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR