modelo

15,30€

mercar

A modelo descalza

Jordi Sierra i Fabra

Ollo coa fama! Ollo coa moda! Ollo co glamour!

Nesta obra de Jordi Sierra i Fabra, o autor que máis libros vende no conxunto do estado no ámbito da literatura infantil e xuvenil, abórdanse unha serie de cuestións esenciais como motivo de reflexión na idade adolescente como son a tiranía da imaxe perfecta, os transtornos alimentarios consecuentes… pero tamén o desamor e as dificultades asociadas ao corazón humano no terreo sentimental. O libro é tamén un texto de denuncia das mafias que operan polo mundo adiante traficando con seres humanos, en especial dende o terceiro mundo.

O autor achégase á cuestión dende un formato de novela policial, de tal maneira que a historia, envolvida en intriga, déixase ler moi facilmente. A acción viaxa por África e España, protagonizada por un xornalista que ve na televisión como unha antiga moza, agora supermodelo, está acusada do asasinato do seu actual noivo. Baixo destes parámetros, revísase todo o mundo corrupto que ás veces se agocha debaixo dun suposto universo de glamour e excelencia.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 240
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2011-04-25
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-364-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514169A casa xunto ao volcánXosé Ricardo Losada
9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala

Sierra i Fabra

Sierra i Fabra, Jordi
Naceu en Barcelona en 1947. É un dos autores españois máis prolíficos e recoñecidos internacionalmente. Autor de máis de douscentos libros e traducido a máis de vinte linguas, iniciouse profesionalmente no xornalismo e foi director de revistas fundamentais para a introdución en España da música rock, como Disco Exprés. Desde 1978 dedícase exclusivamente á literatura, alcanzando un extraordinario éxito de público e vendas. Entre as súas obras máis populares destacan Historia de la música pop, El joven Lennon, El tiempo del olvido, Nun lugar chamado Guerra e Durmido sobre os espellos. Algunhas das súas obras coñeceron adaptacións á televisión. En 2006 e 2010 foi candidato ao Nobel da literatura para xoves, o premio Hans Christian Andersen, representando a España. En 2011 entrou no padroado do Instituto Cervantes.

A lista dos seus premios é interminable: Ateneo de Sevilla, Gran Angular, Vaixell de Vapor, Abril, Edebé, Cervantes Chico… En 2007 gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, coa súa obra Kafka y la muñeca viajera, publicado en galego por Galaxia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR