A boneca de Blanco Amor

14,75€

mercar

A boneca de Blanco Amor

María Xosé Queizán

Estamos ante unha novela onde a historia e a ciencia se mesturan coa literatura, o ensaio coa ficción, a realidade coa fantasía, a orixe do relato co seu final.

A boneca que dá título ao libro, e que tamén é a xénese do texto, viaxa de Punta Arenas, en Chile, ao pazo dos Andrada, onde vai xogar un decisivo papel na obsesión sexual dun dos personaxes de A esmorga e, talvez, no seu dramático final. A obra mestra de Blanco Amor señorea toda a novela de María Xosé Queizán, estendéndose de forma analéptica até a inaugural viaxe de Magalhães. Información, coñecemento, historia e figuración, de todo hai nesta novela que preludia A esmorga e a prosegue ao desenvolver a vida do señor de Andrada, dono da boneca, un personaxe que Blanco Amor só nos permite enxergar entre fumes opiáceos, e neles abandónao.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 160
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2014-11-21
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-571-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

"A boneca de Blanco Amor"2014-12-03 08:52:23

Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez
cronica-viva-do-pensamento-galegoCrónica viva do pensamento galegoMarcelino Agís Villaverde
arbores-no-desertoÁrbores no desertoRosalía Fernández Rial

maria

Queizán, María Xosé
Naceu en Vigo en 1939. É presidenta de FIGA (Feministas Independentes Galegas) e directora da revista Festa da palabra silenciada. O feminismo e o nacionalismo son elementos claves na súa obra literaria e na súa actividade. A orella no buraco, aparecida en 1965, foi a súa primeira novela. Narra a vida dun vagabundo dende un estilo obxectalista. A esta seguiron outras obras narrativas como A semellanza, Amantia, Amor de tango e Ten o seu punto a fresca rosa. É colaboradora en diversos xornais e revistas.

Entre outros recoñecementos recibiu o Premio Voz de Liberdade 2011, outorgado polo Centro Pen de Galicia e o Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia en 2013.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR