Naceu en Vigo en 1939. É presidenta de FIGA (Feministas Independentes Galegas) e directora da revista Festa da palabra silenciada. O feminismo e o nacionalismo son elementos claves na súa obra literaria e na súa actividade. A orella no buraco, aparecida en 1965, foi a súa primeira novela. Narra a vida dun vagabundo dende un estilo obxectalista. A esta seguiron outras obras narrativas como A semellanza, Amantia, Amor de tango e Ten o seu punto a fresca rosa. É colaboradora en diversos xornais e revistas.
Entre outros recoñecementos recibiu o Premio Voz de Liberdade 2011, outorgado polo Centro Pen de Galicia e o Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia en 2013.