Xuntanza do xurado do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

Categoría: Nova

O vindeiro luns, día 21 de decembro, reunirase en Compostela o xurado do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015, formado por Luís Alonso Girgado, Lourenzo Fernández Prieto, María López Sández, Dolores Vilavedra e Carlos Lema, como secretario con voz e voto. A obra que resulte gañadora será publicada por Editorial Galaxia na colección Ensaio e e o seu autor ou autora recibirá 3000 euros. O premio está organizado conxuntamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro.

Despois da xuntanza do xurado, o gañador ou gañadora darase a coñecer nunha rolda de prensa que se celebrará ás 13'30 horas no Centro Ramón Piñeiro, en Santiago de Compostela.

Comparte nas túas redes sociais ou por email