Faleceu Xosé Fernández Ferreiro

Categoría: Nova

Nado en 1931 no concello de Nogueira de Ramuín, foi un destacado membro do grupo Brais Pinto. O autor de ‘Morrer en Castrelo de Miño’, ‘A saga dun afiador’ e ‘Agosto do 36’, pola que recibiu o premio Xerais en 1991, foi autor dunha extensa obra narrativa. Iniciou a súa andaina literaria como poeta en 1952. En 2012 publicou o libro de memorias: ‘De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde’.
Fernández Ferreiro dedicouse profesionalmente ao xornalismo. Redactor de ‘La Voz de Galicia’, na que traballou máis de vinte e cinco anos, en 1985 lle foi concedido o Premio Galicia de Xornalismo, como recoñecemento á súa longa traxectoria.
Ingresou na Real Academia Galega en 2013, ocupando a cadeira que deixara vacante Francisco Fernández del Riego, lendo o discurso: ‘Breves reflexións sobre escritores e xornalistas’.
A súa despedida terá lugar o venres 18, ás 15,15 horas no tanatorioda Grela.

Comparte nas túas redes sociais ou por email