Xulia Alonso recibiu o Premio Losada Diéguez

Categoría: Nova

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, foi o encargado de entregar as estatuíñas conmemorativas dos premios Losada Diéguez correspondentes a este ano que recaeron en Xulia Alonso, no eido de creación literaria, e Francisco Calo Lourido na modalidade de investigación e ensaio, que recibiron 6.000 euros cada un.
Como mantedor do acto estivo presente o escritor alaricano Alfredo Conde, que destacou a Losada Diéguez coma 'elemento conciliador do galeguismo, que non é privilexio nin patrimonio de ninguén, e que debe servir de exemplo para evitar as pelexas da actualidade'. Conde avogou por un 'clima conciliador' e un rescate dos valores que figuran nas obras galardoadas, 'Futuro imperfecto', de Xulia Alonso, e 'Os celtas. Unha revisión dende Galicia', de Calo Lourido.

Comparte nas túas redes sociais ou por email