Persoa A: …non sodes persoas normais (os músicos)
Eu: (Sorprendida, sen querer boto a rir; entre o seu ton de voz e a súa mirada ó dicirmo, noto que pensa que nós, os músicos, estamos como tocados por un halo de divindade ou algo semellante e sorprendese da miña reacción, por suposto non estou da cordo con esta visión e trato de explicarme)
….Non, non somos persoas normais, eu diría que padecemos una especie de enfermidade, unhas persoas cunha obsesión, a música, que as veces resulta enfermiza pero…. Polo demais, somos normais.
O resto da conversa segue con normalidade, mais non podo deixar de pensar no raro que os músicos lle debemos resultar ó resto do mundo, non músicos (supostamente), para algún somos seres extraordinarios, para outros una cuadrilla de maleantes, nembargantes, nós, seguimos a ser os mesmos…. e…. sigo a pensar; a música, esa obsesión para algúns, para outros algo totalmente incompresible ou totalmente prescindible para outros e para outros mais (por sorte) unha marabilla.
E non é nada máis que unha linguaxe, construída polos homes para os homes, que nos pertence a todos e que deberíamos entender e amar pero sobre todo… escoitar, e digo escoitar e non oir.
Poida que, se escoitan, os músicos non lles resultemos tan estraños.