Xornada de presentacións en Bos Aires

Categoría: Nova

Despois da intensa e emocionante presentación do proxecto Mar Maior Arxentina, o programa de actividades da delegación de Editorial Galaxia na Feira do Libro de Bos Aires continúa hoxe con dúas actividades de grande interese para o público. Xavier Alcalá falará do proxecto de conversión ao cómic da súa exitosa novela A Nosa Cinza e Gregorio Ferreiro Fente presentará "En defensa e ilustración da Segunda República española nos anos da Guerra Civil, 1936-1939)", o ensaio de Eduardo Blanco Amor recentemente editado por el para Mar Maior. Acompañarano Xesús Alonso Montero e Francisco Lores.

Comparte nas túas redes sociais ou por email