Actos de Mar Maior na Feira do Libro de Buenos Aires

Categoría: Nova

Hoxe venres, Víctor F. Freixanes, Ramón Villares, Xesús Alonso Montero e Fina Casalderrey, entre outros, participan nunha Mesa redonda sobre a lingua galega na cátedra Castelao da Universidade de Buenos Aires. Despois, María Rosa Lojo presenta "El Libro de las Siniguales y del único sinigual", editado por Mar Maior, na Feira. Acompañada por María Gladys Crespo (investigadora do Conicet. Doutora en Filoloxía Hispánica), Ana María Shua (escritora) e Víctor F. Freixanes (editor). E, xa pola tardiña, os Cines Gaumout acollerán a proxección da película A Esmorga dirixida por Ignacio Vilar e coproducida por Editorial Galaxia, Vía Láctea e a TVG.

Mañá sábado, preséntase na Feira o libro "Letras galegas, letras argentinas", editado por Mar Maior. No acto participarán o autor, Xesús Alonso Montero, e máis Jose Luis Moure (presidente da Academia Argentina de Letras) e Víctor F. Freixanes.

O domingo día 1 de maio Xavier Alcalá presentará "Al sur del mundo" acompañado por Dailo Albero e Xavier Queipo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email