Xiqui Xoque, Fiú Fiú! xa está dispoñible no iTunes e en Spotify

Categoría: Nova

Dende que demos comezo á publicación de música galega, en especial a destinada para música infantil, sempre tivemos moi presente dende a Editorial Galaxia que era moi importante que as creacións dos nosos intérpretes e grupos puidese estar presente nas principais plataformas de descarga musical.
Ese é o motivo que nos leva, hoxe, a anunciar que xa é posible escoitar os temas presentes en 'Xiqui Xoque, Fiú Fiú! tanto en iTunes como en Spotify. Só é necesario ter unha conta nestas plataformas (de balde, só cun correo electrónico) para gozar sen límites das divertidas historias deste tren cheo de ledicia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email