Mércores de novidades editoriais

Mañá mércores a nosa editorial presentará dúas novidades editoriais. Por unha banda, o expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño estará en Vigo, na Casa do Libro, ás 20 horas, presentando o seu novo ensaio "Crise global e crise da política. Unha ollada dende Galicia", acompañado de Damián Villalaín, profesor da ESAD, e o director xeral […]

Berrogüetto, galardoado na categoría de Música nos Premios da Crítica Galicia

Hai uns meses, Berrogüetto despedía a súa carreira (recollida á perfección no libro de Fernando Neira, 'Berrogüetto, o pulso da terra') cunha xira de concertos polas cidades galegas. En todos e cada un deles, a banda de folk puido sentir como o público, ademais de entregarse, lle declaraba a súa admiración. En todos e cada […]

Unha proposta para afrontar a crise dende Galicia

O expresidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, presentou en Santiago o seu novo libro: "Crise global e crise da política. Unha ollada dende Galicia", acompañado dos xornalistas Fernando Salgado (autor do prólogo) e Luis Pousa, ademáis do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Unha aposta de futuro e una visión crítica sobre […]

As eternas COUSAS de Castelao

Poucos coma Castelao conseguiron dicir tanto en tan pouco. Por iso, as súas COUSAS, que estes días chega ás librerías de todo o país nunha nova edición (das moitísimas que leva dende a súa publicación no ano 1926), son consideradas paradigmas do relato breve, da pintura literaria concreta, da excelencia narrativa. Sen dúbida, é a […]

Sorteo de 3 exemplares de "Reo" de Xesús Fraga

Unha das temáticas que máis e mellor se abordan na trama de REO, de Xesús Fraga, ten que ver coa cultura hip hop, tan vencellada ao graffiti, marco global no que transcurre esta novela de Xesús Fraga e que foi merecente do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil do ano pasado. Con este motivo, o […]

Presentación do novo libro de Emilio Pérez Touriño en Santiago

Hoxe xoves, na sede de Afundación, en Santiago, presentaremos o novo libro do expresidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, titulado CRISE GLOBAL E CRISE DA POLÍTICA. UNHA OLLADA DENDE GALICIA, un libro no que analiza o impacto da crise e lanza propostas de futuro. No acto intervirán, ademais do autor, os xornalistas Fernando […]

Xiqui Xoque, Fiú Fiú! xa está dispoñible no iTunes e en Spotify

Dende que demos comezo á publicación de música galega, en especial a destinada para música infantil, sempre tivemos moi presente dende a Editorial Galaxia que era moi importante que as creacións dos nosos intérpretes e grupos puidese estar presente nas principais plataformas de descarga musical. Ese é o motivo que nos leva, hoxe, a anunciar […]

As Maimiñas trunfaron en Vigo

O serán vigués do sábado enchéuse de música e baile cun cheo rotundo na Libraría Andel, que quedou pequena, e é un establecemento ben grande, para acoller a toda a rapazada que se concentrou para escoitar, e bailar, coas Maimiñas que, aos ritmos e coreografías dos temas contidos no seu libro-disco 'Unha viaxe polo mundo', […]