O serán vigués do sábado enchéuse de música e baile cun cheo rotundo na Libraría Andel, que quedou pequena, e é un establecemento ben grande, para acoller a toda a rapazada que se concentrou para escoitar, e bailar, coas Maimiñas que, aos ritmos e coreografías dos temas contidos no seu libro-disco 'Unha viaxe polo mundo', conseguiron pasar a tarde enteira bailando e cantando.
No noso blogue deixamos unha completa galería de fotos que darán a medida exacta do que foi este serán de festa e viaxes divertidas.