Escoller onde buscar

Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia

Categoría: Nova

Hoxe 22 de setembro, ás 19 horas, na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago (praza de Mazarelos), inaugurarase a exposición ‘Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia’, dedicada á vida e obra dun dos fundadores da Editorial Galaxia.
No acto intervirán, entre outros, Manuel Meixide Vecino (presidente da Fundación Isla Couto) e Marcelino Agís Villaverde (presidente da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía). A exposición conta tamén coa colaboración da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago e a Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email