Entre as novidades previstas para as vindeiras semanas está, dentro da colección Intervención Social, o libro de Ana T. Jack, titulado MÁIS ALÁ DO AZUL E DO ROSA, un volume eminentemente práctico dirixido ás familias e ao mundo educativo para desenvolver hábitos de educación, dende as casas, en igualdade de cara a previr a violencia de xénero.
O tema é sempre de triste actualidade e aspiramos a chegar a un mundo onde non sexan necesarias publicacións coma esta. E está tamén de actualidade porque no curso que vén de comezar, 24 centros galegos estrearon a recén creada asignatura Igualdade de Xénero, unha materia de libre configuración autonómica e que vai dirixida ao alumnado de primeiro e segundo da ESO.
En poucas semanas contamos con ter o libro nas librerías do país.