Lembrando a Isla Couto

Categoría: Nova

O pasado xoves, na Facultade de Filosofía de Santiago e co gallo do centenario de Xaime Isla Couto (1915-2012), un dos fundadores da Editorial Galaxia, inaugurouse unha exposición dedicada á súa vida e á súa obra que se poderá visitar ata o vindeiro 21 de outubro e que leva por título ‘Xaime Isla Couto, raíz e utopía de Galicia’.
O obxectivo da mostra é dar a coñecer as moitas caras intelectuais do intelectual compostelán que fou académico, economista, profesor…, “soñador ­dunha Galicia nova nunha humanidade mellor”, como destacou o comisario da exposición X.L. Pastoriza.
Ao acto de inaguración asistron, entre outros, o vicereitor da USC, Roberto López; os secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, e o presidente da Sociedade Interuniversiaria de Filosofía (SIFA), Marcelino Agís.

Comparte nas túas redes sociais ou por email